Identidade


¿ Q U E N     É   C Á R I T A S ? 

DENDE UNHA PERSPECTIVA ECLESIAL:

.
É o organismo de ACCIÓN CARITATIVA E PROMOCIÓN SOCIAL da Igrexa Católica.

DENDE UNHA PERSPECTIVA SOCIAL:

.
É unha ONG que traballa no campo da ACCIÓN SOCIAL.

DENDE UNHA PERSPECTIVA DE COMUNIDADE DE FE:

.
Son eses grupos de mulleres e homes, de voluntarios crentes, que na súa comunidade e apoiados por ela, PÓÑENSE AO SERVIZO DOS MÁIS POBRES, DOS MÁIS NECESITADOS, DOS ÚLTIMOS E NON ATENDIDOS.


¿ Q U E   F A I   C Á R I T A S ? 

ANIMAR Á COMUNIDADE:

.
Facendo ver ás comunidades cristiás que é necesario vivir de acordo co espírito das benaventuranzas.

. Axudando a descubrir as situacións de pobreza, inxustiza e marxinación, así como as causas que as provocan.

. Suscitando na comunidade cristiá e na sociedade o compromiso de solidariedade cos que menos teñen, cos excluídos sociais, con todos os pobos.

. Impulsando a comunicación cristiá de bens e invitando e estimulando aos cristiás ao compromiso sociocaritativo cos pobres e excluídos.

ACOLLER:

.
Escoitando e atendendo ás persoas que a ela acoden, para atender ás súas necesidades e responder ás súas expectativas.

. Axudando aos máis pobres e excluídos a descubrir as causas que xeran o seu propio empobrecemento e exclusión social.

PROMOVER:

.
Axudando aos necesitados a ser axentes da súa propia historia, acompañándolles na liberación das situacións de dependencia, ignorancia e empobrecemento.

. Contribuíndo á posta en marcha de iniciativas e programas dirixidos a eliminar as causas que orixinan os problemas.

. Denunciando as inxustizas que sofren os máis pobres, recordando os seus dereitos, aportando solucións e colaborando para que se realicen os cambios necesarios.

INVITAR A PARTICIPAR:

.
Impulsando a colaboración persoal en proxectos e iniciativas ao servizo dos máis necesitados.

. Promovendo o voluntariado, favorecendo a súa formación e acompañándoo na súa acción.

. Impulsando sa participación das persoas e das institucións públicas e privadas, na acción, por medio da colaboración material e económica.