|
|
 |
¿QUEN SOMOS?
Un conxunto coordinado de puntos de atención das entidades coas que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emigración, subscribiu os correspondentes convenios de colaboración, co obxecto de proporcionar información, orientación e asesoramento sociolaboral aos inmigrantes, solicitantes de asilo e refuxiados. Tamén prestamos, aloxamento e atención integral aos inmigrantes en situación de vulnerabilidade.
¿ONDE ESTAMOS?
- A Coruña - Arteixo - Carballo - Cee - Ames-Milladoiro - Oleiros - Culleredo - Ferrol - Santiago - Ribeira - Bergondo - Lugo - Monforte de Lemos - Viveiro - Vilagarcía de Arousa - Burela - Pontevedra - Lalín - Marín - Vigo - Ourense - O Barco de Valdeorras - Verín -Xinzo de Limia
¿CAL É A NOSA FINALIDADE?
Favorecer a integración social do colectivo inmigrante que se achega a nosa Comunidade Autónoma.Sensibilizar á sociedade galega en relación ao fenómeno da inmigración, promovendo a tolerancia e o respecto a este colectivo.
¿A QUEN NOS DIRIXIMOS?
Aos emigrantes retornados e aos seus descendentes con nacionalidade española. acheganAos inmigrantes extranxeiros que se achegen á nosa Comunidade Autónoma. Aos solicitantes de asilo.Aos refuxiados.
¿QUE FACEMOS?
Información, orientación, asesoramento xurídico sociolaboral: Informamos e asesoramos sobre:
Os dereitos dos inmigrantes. O aceso ao mercado laboral. A nacionalidade .Os visados. A tramitación de permisos. A asistencia sanitaria. Prestacións sociais. Validación de títulos, etc.
Acollida básica: Prestamos atención integral a inmigrantes en situación de vulnerabilidade: Aloxamento temporal. Servizo de comedor.
Sensibilización social: Desenvolvemos distintas actividades de difusión para dar a coñecer o fenómeno inmigratorio e promover os dereitos dos inmigrantes no conxunto da sociedade galega.
Formación: Realizamos distintas actividades formativas para adaptar ao inmigrante ás necesidades do actual mercado laboral galego: Impartición de cursos de formación ocupacional, obradoiros especializados, cursos de galego e castelán, etc. Traballamos en grupo e prestamos apoio á integración escolar.
Cobertura de necesidades básicas: Proporcionamos axuda a necesidades básicas de emerxencia: alimentos, roupa, medicamentos, transporte, asistencia sanitaria, aloxamento, libros etc.
REDE DE ENTIDADES EN VIGO
CCOO - CENTRO DE INFORMACIÓN PARA TRABALLADORES ESTRANXEIROS (CITE-GALICIA) C/ Hernán Cortés, 26 Tlno: 986 44 62 18
Información, orientación e asesoramento laboral . Formación Sensibilización
CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG) Avda/ Gregorio Espino, 47 entrechán Tlno: 986 26 62 82
Información, orientación e asesoramento laboral Formación Sensibilización
UNIÓN XENERAL DE TRABALLADORES (UGT-GALICIA) C/ E. Heraclio Botana, 2 Tlno: 986 44 34 28
Información, orientación e asesoramento laboral Formación Sensibilización
CRUZ VERMELLA C/ Ecuador, 16 Tlno: 986 42 36 66
Información, orientación e asesoramento laboral Formación Sensibilización
CÁRITAS DIOCESANA DE TUI-VIGO Avda/ García Barbón, 104 – baixo Tlno: 986 44 33 10
Parroquia de “O Corazón Inmaculado de María” C/ Honduras, 7 – baixo Tlno: 986 41 07 15
Parroquia “Nosa Señora do Carme” Pº Padre Lorenzo,2 Tlno: 986 29 93 50
Información, orientación e asesoramento laboral Formación Sensibilización Aloxamento temporal Cobertura de necesidades básicas
Centro Intercultural "Teranga". Parroquia Mª Auxiliadora e Fundación Juan Soñador
Servizo de asistencia social Servizo de mediación laboral Lugar de encontro Servicio de formación Sensibilización social
COMUNIDADE IRMÁNS TRINITARIAS DE VIGO C/ Ronda de Don Bosco, 40 Tlno: 986 43 21 07
Aloxamento temporal
CONCELLO DE VIGO Praza do Rei Tlno: 986 81 01 00
Información, orientación e asesoramento laboral Formación Sensibilización
FUNDACIÓN CUME PARA O DESENVOLVEMENTO DE CULTURAS E POBOS C/ Pi y Margall, 72 – oficina I Tlno: 986 20 77 99
Información, orientación e asesoramento laboral Formación Aloxamento temporal
|
 |