 |
Programas |
 |
 |
 |
 |
|
|
 |
¿ Q U E S O N ? Cáritas Diocesana ten neste momento en funcionamento diferentes programas desde os que se leva a cabo o traballo con diversos colectivos pobres e marxinados – los últimos da sociedade – da nosa diocese, cos excluídos. Nestes programas participan voluntarios (Cáritas é unha organización de voluntariado) e traballadores, que realizan diversos proxectos cos usuarios que solicitan os nosos servizos. Con eles tentamos abordar de forma integral as diferentes carencias das persoas coas que traballamos. Todos estes servizos están abertos a todas e cada unha das parroquias da diocese.
|
 |
|
|
 |
|
 |
|
|
 |
C E N T R O I N F A N T I L D E D Í A Aproveitando que as instalacións da gardería posibilitaban a realización doutra acción, optouse pola creazón dun centro de día que puidese acoller a nenos e nenas de familias desestructuradas con problemas familiares e que, dada esta situación, resultaba problemática para a educación dos nenos, sen excluír a outras familias con poucos recursos.
Neste centro acóllense os nenos despois da súa xornada escolar, e trabállanse con eles diferentes aspectos da súa educación: alimentación, apoio escolar, hábitos de conducta, hixiene, tempo libre ... para que así poidan ter outras referencias educativas diferentes ás da súa realidade familiar.
|
 |
|
|
 |
E S C O L A I N F A N T I L A gardería de Cáritas, emprazada en San Paio, xurde como resposta á constatación da realidade de moitos nenos e nenas das familias coas que traballamos, empobrecidas e excluídas da sociedade. É polo tanto un centro desde o que se tenta levar a cabo unha tarefa de compromiso e servizo cos fillos dos que máis precariamente viven na nosa sociedade opulenta, dos "sen voz”, os últimos.
|
 |
|
|
 |
C O O P E R A C I Ó N I N T E R N A C I O N A L Este programa responde a varias motivacións: .Sensibilizar á sociedade sobre as necesidades da cooperación internacional entre os pobos, e sobre os mecanismos para a súa realización efectiva. .Seguir facendo fronte ás diferentes catástrofes humanitarias producidas nos últimos tempos. .Responder ás emerxencias que se produzan en diferentes partes do mundo, con particular atención aos países máis vulnerables polas súas condicións socioeconómicas. .Financiar proxectos de cooperación internacional.
|
 |
|
|
 |
S A Ú D E : S I D A / P R E V E N C I Ó N Nunha sociedade na que as metodoloxías de prevención van gañando cada vez más espacio, Cáritas de Tui-Vigo asumiu nos últimos anos o compromiso de traballar na educación do mundo da prevención de drogas. Por iso neste programa ofrecemos un proxecto (realizando diversos obradoiros participativos) educativo aberto ás parroquias e aos colexios da diocese.
Tamén desde este programa lévase a cabo un traballo con persoas enfermas de Sida, que con dous traballadores e un equipo de voluntarios, tenta dar resposta á realidade que produce esta enfermidade acompañando aos enfermos e familias, tratando cos médicos, subministrando a medicación... respondendo ás situacións que a enfermidade crea tanto nos enfermos como nas súas familias. Neste programa ofrecese tamén apoio psicolóxico aos afectados.
|
 |
|
|
 |
I N M I G R A N T E S A inmigración é un fenómeno social de causas complexas e de efectos notables, que implica ao conxunto da sociedade. Os inmigrantes contribúen ao desenvolvemento económico do país receptor e a súa presenza non só económica, senón tamén social e culturalmente ao entorno no que se incorporan.
O éxito oU fracaso do proceso de integración destas persoas marcará a diferencia entre unha sociedade estable, solidaria e respectuosa cos Dereitos Humanos e unha sociedade baseada no conflicto permanente, na desigualdade e na explotación dos máis débiles. Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, con este programa pretende dar unha resposta xusta e solidaria a este fenómeno..
Nos últimos anos pasaron por este programa máis de mil usuarios. Traballa fundamentalmente na acollida, asesoramento legal, arranxo de papeis, clases de español, clases de reforzo escolar para nenos/as fillos de inmigrantes, programa de actuación integral coa muller ... A moitas parroquias chegan cada día inmigrantes solicitando axuda; e a elas Cáritas les ofrece información e asesoramento; e desde elas remítenselle aquelas persoas ás que non se lles pode dar resposta as súas demandas. Cáritas ofrece este programa, e desde el queremos vivir a comuñón na información e no traballo conxunto coas parroquiais da diocese en relación co mundo dos inmigrantes.
Para poder axudar a aquelas persoas e familias que chegan a nosa cidade e non teñen un lugar para vivir, Cáritas dispón dun piso de acollida temporal.
|
 |
|
|
 |
E M P R E G O Quere ser un programa aberto a todas as parroquias da diocese, polo que é moi importante que se coñeza para poder, desde as Cáritas Parroquiais/Interparroquiais, remitir ás persoas excluídas e sen traballo a este programa. Xurde para dar resposta á situación das persoas que non tendo traballo, tampouco presentan un perfil para poder ser empregados de maneira convencional. Con eles téntase traballar hábitos sociais, habilidades laborais...
O desenvolvemento da empregabilidade lévase a cabo en tres bloques de actividades distintas: Orientación (información e asesoramento), formación e intermediación (mediante a xestión da bolsa de emprego).
Neste momento está xa a funcionar o obradoiro prelaboral, que ten como obxectivo ir introducindo, despois dun tempo de formación (teórica e práctica), ás persoas que están en relación con este programa no mundo laboral.
|
 |
|
|
 |
A N I M A C I Ó N C O M U N I T A R I A No mundo hai recursos máis que suficientes para que os 6.000 millóns de habitantes vivamos con dignidade. Inda así, estes recursos están repartidos desigualmente. Cáritas quere animar a todas as persoas solidarias a compartir o seu tempo e as súas vidas con aqueles que están excluídos.
Este programa ten como misión el contacto directo coas parroquias da diocese e aa formación do voluntariado da institución. Desde el pretendemos que se leve a cabo a formación, acompañamento e seguimento do traballo realizado nas Cáritas Parroquiais. Ofrecemos a posibilidade de comezar a formación de grupos parroquiais, de admitir novas iniciativas nos grupos que xa están a traballar, de ofrecer voluntariado ás parroquias que o soliciten ... . Nunha palabra, este programa ten como misión facer chegar Cáritas ás parroquias, e que as parroquias saiban que sempre que se poñan en contacto con Cáritas Diocesana atoparán unha persoa que lles vai, como prioridade, atender e pórse a súa disposición para calquera dúbida ou dificultade que teñan. Queremos que este programa sexa canle de enlace e a comunicación continua e permanente ente Cáritas Diocesana e as Cáritas Parroquiais.
|
 |
|
|
 |
A C O L L I D A É o programa no que se ten un contacto máis directo coas persoas necesitadas. A súa misión é recibir, escoitar e analizar, tamén canalizar cando se estima oportuno, a axuda, segundo as dificultades presentadas, que necesitan as persoas que se achegan a Cáritas. A este programa acoden persoas de diferentes parroquias, principalmente de Vigo. Se se ve necesario, dende aquí remítense aos usuarios a calquera dos outros programas que temos na casa.
Unha porcentaxe elevada dos usuarios presenta situacións economicamente precarias debido a falta de emprego e con ingresos por debaixo do salario mínimo, que non lles permite cubrir as necesidades básicas da vida diaria; polo que se intenta traballar con eles para implicalos na resolución dos seus propios problemas e acompañándoos no seu proceso de inserción.
|
 |
|
 |
 |
 |