 |
Voluntariado |
 |
 |
 |
 |
|
|
 |
|
 |
|
|
 |
A I D E N T I D A D E D O V O L U N T A R I O ¿QUE É SER VOLUNTARIO?
É unha persoa que de xeito libre e responsable dedica parte do seu tempo a realizar actividades de interese xeral a favor dos demais, segundo un proxecto de intervención destinado a erradicar as causas dunha necesidade.
SER VOLUNTARIO EN CÁRITAS
Ser voluntario en Cáritas implica a realización dun servizo desinteresado e de balde, sempre desde a responsabilidade, en beneficio da comunidade. Actúa no entorno da pobreza e da marxinación, buscando xerar procesos que contribúan ao seu desenvolvemento, e a súa integración.
DEREITOS DO VOLUNTARIADO
.Ser membro de pleno dereito de Cáritas .Ser informado sobre a institución. .Recibir formación e orientación cara ás actividades para as que reúne as mellores condicións. .Ser acompañados nas actividades por técnicos. .Estar asegurado contra posibles ricos da realización da tarefa. .Respectar o compromiso do tempo de adicación.
DEBERES DO VOLUNTARIADO
.Aceptar a natureza e los obxectivos da institución. .Prepararse para a acción, avaliala e reorientala se fose preciso. .Ser solidario e responsable. .Cumprir con dilixencia os compromisos asumidos. .Predisposición para o traballo en equipo. .Dar carácter de confidencialidade á información recibida desde o voluntariado.
|
 |
|
|
 |
C A R T A D O V O L U N T A R I A D O .É unha persoa sensibilizada cara o social, que vive a caridade como algo inseparable da xustiza e a loita da defensa dos dereitos humanos. .Comprométese de forma desinteresada e de balde a por as súas capacidades e o seu tempo libre ao servizo das necesidades da comunidade. .Sabe acoller ás persoas con respecto a súa liberdade individual e esperta nelas a capacidade de axudarse a sí mesma. .É capaz de establecer unha boa relación persoal e traballar en equipo. .Asume tarefas adecuadas as súas aptitudes, posibilidades e a súa preparación. .Está disposto a actualizar a súa formación e a modificar os seus modelos de acción, cando as circunstancias o requiran, en función dunha maior eficacia na tarefa. .Coñece a identidade da súa acción voluntaria e non contribúe á inhibición e falla de responsabilidade doutros axentes sociais. .A súa acción é educativa e promotora do cambio social descubrindo, afrontando e denunciando disfuncións sociais.
|
 |
|
|
 |
P R O G R A M A S E S E R V I Z O S VOLUNTARIADO EN PARROQUIAS
.Acollida e Asistencia .Infancia .Educación de Adultos .Terceira Idade .Transeúntes .Inmigrantes .Emprego
VOLUNTARIADO EN PROGRAMAS
.Atención Primaria .Saúde .Ciganos Trasmontanos .Inmigrantes .Cooperación Internacional .Tempo Libre (Infancia) .Centro de Atención de Día .Escola Infantil
|
 |
|
|
 |
M Á I S I N F O R M A C I Ó N Cáritas Diocesana de Tui-Vigo García Barbón, 104, baixo 36201 - Vigo Teléfono: 986 44 33 10 e-mail: voluntariado@caritastui-vigo.org
|
 |
|
|
 |
|
 |
|
 |
 |
 |