Doazóns

EN CÁRITAS PARROQUIAIS:

Pode realizar un donativo, entregándoo na súa Cáritas Parroquial.

DOMICILIACIÓN BANCARIA:

Se quere facerse socio de Cáritas e facernos chegar periodicamente a súa achega, pode descargar o impreso de domiciliación desde aquí, imprimilo, cubrilo e envialo por correo a:



CÁRITAS DIOCESANA TUI-VIGO

C/ García Barbón, 104 – baixo

36201-Vigo


Pode descargar os Formularios aquí:    
Adobe Acrobat [60 KB]   Microsoft Word [25 KB]  


DOAZÓN PARA UNHA CAMPAÑA:

Mediante transferencia ou ingreso, indicando como concepto o nome da campaña, na seguinte conta de CAIXANOVA

2080 / 0000/ 75 / 0040250250



ACHEGA ÚNICA:

Se desexa realizar unha achega pode facelo persoalmente nas nosas oficinas :

CÁRITAS DIOCESANA DE TUI-VIGO

C/ García Barbón, 104 – baixo

36201-Vigo

Ou ben mediante transferencia ou ingreso, indicando concepto, na seguinte conta de CAIXANOVA

2080 / 0000 / 77 / 0040057966




DOAZÓNS TESTAMENTARIAS


Doazón con escritura notarial:

Unha persoa sen herdeiros con dereito á lexítima (descendentes, ascendentes e cónxuxe) pode doar en vida, inmediata e irrevogablemente, un ben (inmoble principalmente).


Institución do herdeiro:

A institución de herdeiro é a disposición testamentaria pola que o testador deixa a unha ou máis persoas a totalidade ou parte dos seus bens. O testador segue sendo ata o seu pasamento propietario de todos os seus bens.

Esta disposición debe facerse por testamento e en todo momento quede ser revocada ou modificada.


Legados:

O
legado é a disposición testamentaria pola que o testador deixa a unha ou varias persoas, un ou varios bens determinados, dos que o testador segue sendo dono ata o momento da súa morte.

Tamén pode revocarse ou modificarse en calquera momento.