Campañas

O obxectivo das campañas de Cáritas é dobre:

.Sensibilizar sobre os problemas sociais

.Captar recursos para levar a cabo proxectos


Campañas 2007/2008 
Campaña de Nadal 2007 e Corpus Christi - Día da Caridade 2008  


“OS DEREITOS HUMANOS SON UNIVERSAIS, AS OPORTUNIDADES DEBERÍAN SELO”

A campaña institucional 2007-2008 preséntase co mesmo lema que o ano anterior para seguir afondando sobre a dificultade de acceso e de recoñecemento dos dereitos humanos ás persoas que viven en situación de pobreza e vulnerabilidade no noso mundo. Ante todo o principal dereito queparece ignorarse é o dereito a ter dereitos polo mero feito de ser persoa (H. Arendt).
A Doutrina Social da Igrexa déixao moi claro cando por riba de todo antepón a defensa da dignidade da persoa humana como criatura de Deus, creada e pensada á súa imaxe e semellanza. Benedicto XVI na mensaxe para a Xornada Mundial da Paz 2007 (“A persoa humana, corazón da paz,”) insiste en que “o deber de respectar a dignidade de cada ser humano, no cal se reflicte a imaxe do Creador, comporta como consecuencia que non se pode dispoñer libremente da persoa. Quen ten maior poder político, tecnolóxico ou económico, non pode aproveitalo para violar os dereitos dos outros menos afortunados”.

Así mesmo avoga polo recoñecemento da igualdade esencial entre aspersoas humanas para lograr unha sociedade de paz que na realidade se ve seriamente ameazada pola existencia de infinidade de desigualdades inxustas. “Entre elas son particularmente insidiosas, por un lado, as desigualdades no acceso a bens esenciais como a comida, a auga, a casa ou a saúde; por outro, persistentes desigualdades entre home e muller no exercicio dos dereitos humanos fundamentais”. O dereito á vida como dereito fundamental inclúe o de levar unha existencia digna e dispoñer dos elementos esenciais para a vida.

O dereito á vivenda, á educación, á saúde e á igualdade de xéneroson catro dereitos básicos que deberían ser inherentes a todas as persoas de calquera lugar, con independencia do seu sexo, raza, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social (Constitución Española, art. 14), porque constitúen a base da dignidade humana. Tamén a Declaración Universal de Dereitos Humanos, artigo 25, establece que toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a
vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios.

Non obstante, queda aínda un longo camiño por percorrer para poder falar de equidade de dereitos e oportunidades para todos.A nosa sociedade ten dúas caras, a da globalización e o desenvolvemento económico, a da pobreza e a exclusión. Son dous rostros antagónicos que nos falan de dous mundos cada vez máis distantes separados por esta crecente desigualdade. Cada vez son máis as persoas que ven restrinxida a súa capacidade de acceder a determinados bens e dereitos e vanengrosando as filas dos sen emprego, sen teito, sen papeis, sen saúde.Segundo o informe do PNUD de 2006, o estado de desenvolvementohumano caracterízase polas enormes fendas de benestar e oportunidades de vida que dividen a un mundo cada vez máis interconectado. Fálase de aldea global pero as súas rúas están divididas entre as dos que teñen e non teñen. Mil millóns de persoas quedaron excluídas dos beneficios do desenvolvemento económico e dos adiantos en materia de saúde humana.

Os que viven na pobreza absoluta teñen unha probabilidade cinco vecesmaior de morrer antes dos cinco anos de idade e 2,5 veces maior de morrer entre os 15 e 59 anos de idade que os que pertencen ao grupo de ingresos máis elevados. Ao redor de 2.400 millóns de persoas non teñen posibilidades de servizos sanitarios básicos, case 1.300 millóns non teñen acceso a auga limpa e uns 840 millóns de persoas están desnutridas.

A desigualdade é cada día maior á hora de acceder aos diferentesrecursos debido en gran parte a un sistema económico baseado en regras de produción e comercialización inxustas. Pero non soamente é o acceso xusto e equitativo aos recursos o que nos permite alcanzar un desenvolvemento global sostible e máis xusto para todos, senón o acceso á oportunidade de aproveitar o noso potencial como seres humanos nos diferentes ámbitos da vida (persoal, familiar, social, cultural, laboral, económico, político...).

Cáritas, a través desta campaña e de todas as actividades que realiza,pon o acento do seu compromiso, da súa sensibilización e da súa acción na opción evanxélica con preferencia polos pobres traballando con firmeza en defensa do desenvolvemento integral da persoa e procurando que os seus dereitos sexan garantidos.

Guía da campaña [22.175 KB]


S E G U N D A S   O P O R T U N I D A D E S 

Para o tempo de Nadal 2007, a campaña propón reflexionar sobre o dereito aá saúde, un ben universal entendido non soamente como ausencia de enfermidade senón como un benestar global que afecta a todas as dimensións da persoa. Quérese poñer de manifesto como moitos dos problemas de saúde teñen as súas raices nas desigualdades sociais e económicas que sofren as dúas terceiras partes da población do mundo. O acceso á saúde para os que xa viven excluidos ou en situación de vulnerabilidade é moito máis difícil e convérsese nun ben case de luxo.




O   U N I C O   Q U E   N O S   D I F E R E N C I A   S O N   A S   O P O R T U N I D A D E S 

Para o día de Caridade 2008, a campaña quere incidir sobre o dereito á igualdade de xénero. Na nosa sociedade déronse grandes pasos no recoñecemento dos mesmos dereitos para homes e mulleres, que aínda son insuficientes como o mostran determinadas realidades. As cargas familiares, as dificultades no acceso ao emprego e a escasa formación, converten á muller conn escasos recursos económicos nunca persoa con menos oportunidades para integrarse na sociedade como sixeto de plenos dereitos.

Noutra gran parte do mundo, non obstante, estes pasos están aínda por se dar xa que á muller non se lle recoñece o dereito a ter dereitos, e moito
menos oportunidades. Neste sentido, a pobreza está directamente
relacionada co acceso desigual e limitado aos recursos produtivos e a
todos os dereitos que conforman o desenvolvemento integral de todas as persoas.





M A T E R I A I S   D A   C A M P A Ñ A 


Guía da campaña [22.175 KB]

NADAL
Díptico [7.724 KB]
Guión litúrxico [2.660 KB]
Fundamentación [455 KB]
Ficha traballo mozos-adultos 0 [332 KB]
Ficha traballo mozos-adultos 1 [455 KB]
Ficha traballo mozos-adultos 2 [847 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 1 [361 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 2 [310 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 3 [365 KB]
Xesto [301 KB]

CARIDADE
Díptico [3.312 KB]
Guión litúrxico [1.686 KB]
Fundamentación [453 KB]
Ficha traballo mozos-adultos 0 [397 KB]
Ficha traballo mozos-adultos 1 [1.132 KB]
Ficha traballo mozos-adultos 2 [1.005 KB]
Ficha traballo mozos-adultos 3 [839 KB]
Ficha traballo mozos-adultos 4 [2.450 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 0 [776 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 1 [508 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 2 [440 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 3 [481 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 4 [600 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 5 [510 KB]
Ficha traballo nenos-nenas 6 [372 KB]
Xesto [376 KB]


Campañas 2006-2007