Campañas 2006-2007

Campañas 2006/2007  
Campaña de Nadal 2006 e Corpus Christi 2007-Día da Caridade: "Os dereitos humanos son universais, as oportunidades deberían selo"  


OS DEREITOS HUMANOS SON UNIVERSAIS, AS OPORTUNIDADES DEBERÍAN SELO

Co lema da campaña deste anos pretendemos concienciar e denunciar ante a sociedade e ante a nosa comunidade cristiá que a pobreza e a exclusión social presentes na sociedade merman as posibilidades de acceso aos dereitos humanos fundamentais. Os pobres, a pobreza, o sufrimento son a expresión visible de que esta sociedade e este mundo non son plenamente o Reino de Deus, nin poden ser o Reino de Deus esperado. Son o reflexo persistente dun fracaso histórico; son tamén unha chamada á reconversión e ao compromiso.

En Nadal eliximos o Dereito á vivenda digna, como elemento imprescindible constitutivo da dignidade de todo ser humano. O acceso das persoas a unha residencia digna constitue unha premisa básica na integración social. Para moitas persoas este dereito está sendo negado.. Ademais, a preocupación pola vivenda é común á maioría da poboación española.

Polo seu interese social, o dereito a unha vivenda digna debe converterse nun obxectivo prioritario das institucións públicas. A aceptación histórica da importancia da vivenda para a vida das persoas conduciu á súa valoración como un dos dereitos fundamentais da humanidade, contemplado na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (ONU, 1948) e na Constitución Española (art. 47) ¿Se é un dereito tan importante, como é posible que moitas persoas da nosa sociedade non poidan acceder a este dereito ou o fagan de xeito precaria?

Os colectivos máis vulnerables da nosa sociedade, dependendo da súa situación xurídica, sexo, estado civil e nacionalidade, teñen serias dificultades para acceder e/ou manter unha vivenda adecuada. Atópanse alugueres desorbitados, escasos, en condicións denigrantes e barrios desfavorecidos con escasas infraestructuras de saúde, educación, lecer, que a poboación autóctona evita. Especial mención requiren os inmigrantes recentemente chegados, indocumentados, os que carecen de recursos suficientes e, nalgúns casos os solicitantes de asilo e refuxiados; adultos solteiros, novos, minorías étnicas, e as mulleres con cargas familiares teñen máis posibilidade de terminar vivindo en ondiciones precarias ou na rúa.


No Día de Caridade escolleuse o dereito á educación, porque a educación é un elemento fundamental para o desenvolvemento. O dereito á educación é un dereito de acceso e de permanencia, que ha de asegurar o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o respecto aos dereitos humanos. Tal recoñecemento queda recollido, entre outros textos na Declaración Universal dos dereitos Humanos (ONU 1948), na Convención dos Dereitos do Neno da ONU (art, 28) e na Constitución Española (art. 27). A educación ha de ser un factor de redución de desigualdades e ha de contribuír á equidad social. Nunha economía globalizada, cada día máis sustentada no coñecemento, aínda se nega a máis básica educación primaria a uns 115 millóns de nenos. As persoas que puideron acceder a unha educación, aínda que sexa básica, son máis capaces de defender e protexer os seus intereses e de acceder a servizos e recursos.

CONSTATACIONES DA SITUACIÓN DA VIVENDA EN ESPAÑA

- Na actualidade o 88% da débeda familiar absórbea a hipoteca dunha vivenda.
- Nos últimos cinco anos a vivenda subiu 18 veces máis que o poder adquisitivo.
- España ten o maior parque inmobiliario da UE. Pese a iso é o país de máis difícil acceso á vivenda. O número de vivendas que se levantan por cada 1.000 habitantes cada ano é de 18, fronte ás 5 que se constrúen de media no resto de Europa.
- Hai unha vivenda por cada dous habitantes e hai dous millóns de vivendas baleiras.
- De todos os pisos construídos só un 2% son vivendas protexidas, a cifra máis baixa de Europa.

CONSTATACIONES DA EDUCACIÓN NA ACTUALIDADE

- Entre 40 e 50 millóns de nenos dos países máis desenvolvidos do mundo crecen en condicións de pobreza, en familias con ingresos inferiores ao 50 % da media nacional.
- En España unha cuarta parte dos estudantes que chegan ao final da súa educación obligatoria non obteñen o título de graduado en Secundaria. E tres de cada dez escolares non alcanza o nivel mínimo que se esixe nunha educación básica.
- Nos países máis ricos do mundo entre un 10 e un 20 % da poboación adulta son analfabetos funcionales.
- 121 millóns de nenos menores de idade non van á escola no mundo, deles un total de 65 millóns son pícaras.
- Uns 73 millóns de nenos e nenas menores de 10 anos teñen que traballar.
- Pouco máis da metade dos nenos que comezan o ensino primario, conclúena. En África subsahariana a proporción é dun de cada tres.
- 800 millóns de adultos no mundo sosn analfabetos, dúas terceiras partes son mulleres.
- En Sierra Leoa, o país máis pobre do mundo, o soldo medio mensual dun mestre a finais do 2003 ascendía a 38 ?.




Campañas
Campañas 2005-2006