|
|
 |
I N T E R V E N C I Ó N C O N F A M I L I A S M O N O P A R E N T A L E S INTERVENCIÓN SOCIO-FAMILIAR CON FAMILIAS MONOPARENTALES CON FILLOS A CARGO
Debido aos cambios socio-familiares acontecidos nos últimos anos referentes á familia, pasouse dun modelo tradicional de familia único ao pluralismo de distintas alternativas familiares. Así podemos dicir que han sido maioría as familias monoparentales encabezadas por mulleres soas e/ou soas con fillos ao seu cargo, as que acudiron a Caritas ultimamente; é o que chamamos a feminización da pobreza. A maioría destas mulleres enfróntase a difíciles situacións socioeconómicas dadas as dificultades de acceso á formación e ao emprego para a poboación en xeral e máis concretamente para a mulleres.
Por todo iso a partir do noso programa de acollida se viu necesario a posta en marcha dun proxecto destinado unicamente a familias monoparentales con cargas familiares, co fin de mellorar a súa calidade de vida. O obxectivo xeral que se pretende acadar é o de levar a cabo unha intervención socio- familiar individualizada coas familias monoparentales que se atopen en situacións de risco ou exclusión social. Inténtase deste modo implicar ás usuarias na resolución dos seus propios problemas tras valorar conxuntamente a problemática inicial que levoulles á precaria situación na que se atopan. Quérese coñecer as situacións familiares e dese modo prestar un servizo integral onde trabállense todos os aspectos: laboral, vivenda, sanidade, etc.
O programa foi subvencionado pola Fundación Bancaja con 3.000 €, os cales permitirannos realizar un labor de intervención máis axeitada con estas mulleres e os seus fillos.
Reseñamos que este proxecto será posto en marcha por primeira vez desde esta Cáritas Diocesana, englobándolo dentro do programa de acollida e en coordinación co resto dos programas da entidade. Os anos de experiencia leváronnos á conclusión de que o colectivo de mulleres e os seus fillos necesitan dunha atención máis específica e máis continuada dado os riscos de exclusión social aos que se ven expostos.
|
 |
|
|
 |
I N T E R V E N C I Ó N C O N F A M I L I A S , M U L L E R E S E M E N O R E S INTERVENCIÓN SOCIOFAMILIAR CON FAMILIAS, MULLERES E MENORES EN SITUACIÓN DE DESVANTAXE SOCIAL
O noso proxecto baséase no traballo con familias, xa que esta constitúe a principal unidade de convivencia da comunidade e é a basesobre a que se organiza a mesma. A partir do nos proxecto pretendemos dar unha atención inmediata ás familias, mulleres e menores que necesiten que se fñagalles un acompañamento e un soporte nos seus procesos de integración social, xa que en Vigo existen listas de espera para que as familias en risco de exclusión social sexan atendidas a partir dos Servizos Sociais. Nós propoñemos unha atención máis inmediata, en onde as familias, mulleres e menores con necesidades e/ou en risco de exclusión social sexan atendidos ma mayor brevidade de tempo posible a través deste proxecto. Cabe destacar que a gran parte destas familias, e por extensión os seus fillos, enfróntanse a situacións de precariedade económica debido ás dificultades que se atopan á hora de acceder á formación e á inclusión no mundo laboral. Xa que moitas veces a gran parte destas familias atravesan unha situación de inseguridade e inestabilidade tanto laboral como económica e familiar, vendo peritar a súa estabilidade ao non atopar desposta ás súas problemáticas.
O programa foi subvencionado con 26.900 € pola Obra Social de Caixa Madrid
|
 |