|
|
 |
E T I D E Q U E O C U P A S C H E ?
O programa Operativo "Loita contra a discriminación" ten como finalidade promover a integración laboral das persoas en situación ou risco de esclusión.
Cáritas Española, xunto con outras organizacións sociais e administracións públicas, está levando a cabo este Programa a través de 51 Cáritas Diocesanas (organizacións territoriais de Cáritas)
Estase potenciando a posta en marcha e desenvolvemento de accións que se complementan e responden á necesidade de actuar en dous planos de traballo:
* Accións de orientación, formación e emprego, enmarcadas nun itinerario de inserción sociolaboral. * A creación de centros e dotación de equipamento, necesarios para levar a cabo as accións.
As persoas destinatarias son preferentemente mozos desfavorecidos. É un programa plurirexional, abarca distintas rexións, con requisitos diferentes segundo pertenzan estas a Obxectivo 1 ou a Obxectivo 3.
Na Diocese de Tui-Vigo lévanse a cabo as seguintes actividades:
* Orientación laboral, deseñando itinerarios de inserción sociolaboral individualizada. * Talleres de Formación, cuxo obxectivo é dotar ás/ós participantes das competencias profesionais para inserirse laboralmente. * Talleres de informática básica.
|
 |