|
|
 |
¿ Q U E N É C Á R I T A S ? DENDE UNHA PERSPECTIVA ECLESIAL:
. É o organismo de ACCIÓN CARITATIVA E PROMOCIÓN SOCIAL da Igrexa Católica.
DENDE UNHA PERSPECTIVA SOCIAL:
. É unha ONG que traballa no campo da ACCIÓN SOCIAL.
DENDE UNHA PERSPECTIVA DE COMUNIDADE DE FE:
. Son eses grupos de mulleres e homes, de voluntarios crentes, que na súa comunidade e apoiados por ela, PÓÑENSE AO SERVIZO DOS MÁIS POBRES, DOS MÁIS NECESITADOS, DOS ÚLTIMOS E NON ATENDIDOS.
|
 |
|
|
 |
¿ Q U E F A I C Á R I T A S ? ANIMAR Á COMUNIDADE:
. Facendo ver ás comunidades cristiás que é necesario vivir de acordo co espírito das benaventuranzas.
. Axudando a descubrir as situacións de pobreza, inxustiza e marxinación, así como as causas que as provocan.
. Suscitando na comunidade cristiá e na sociedade o compromiso de solidariedade cos que menos teñen, cos excluídos sociais, con todos os pobos.
. Impulsando a comunicación cristiá de bens e invitando e estimulando aos cristiás ao compromiso sociocaritativo cos pobres e excluídos.
ACOLLER:
. Escoitando e atendendo ás persoas que a ela acoden, para atender ás súas necesidades e responder ás súas expectativas.
. Axudando aos máis pobres e excluídos a descubrir as causas que xeran o seu propio empobrecemento e exclusión social.
PROMOVER:
. Axudando aos necesitados a ser axentes da súa propia historia, acompañándolles na liberación das situacións de dependencia, ignorancia e empobrecemento.
. Contribuíndo á posta en marcha de iniciativas e programas dirixidos a eliminar as causas que orixinan os problemas.
. Denunciando as inxustizas que sofren os máis pobres, recordando os seus dereitos, aportando solucións e colaborando para que se realicen os cambios necesarios.
INVITAR A PARTICIPAR:
. Impulsando a colaboración persoal en proxectos e iniciativas ao servizo dos máis necesitados.
. Promovendo o voluntariado, favorecendo a súa formación e acompañándoo na súa acción.
. Impulsando sa participación das persoas e das institucións públicas e privadas, na acción, por medio da colaboración material e económica.
|
 |