|
|
 |
As funcións deste servizo céntranse na atención, apoio terapéutico e intervención naqueles casos que son derivados de todos os Programas existentes nas cáritas, así como doutros Servizos Sociais que habitualmente colaboran coa entidade, ou viceversa.
O seguimento dos casos atendidos desde o Servizo de Apoio psicolóxico, efectúase de forma verbal e escrita coas Traballadoras Sociais. Actualmente, a devandita información pode ser consultada a través do Ordenador na nosa axenda interna, o que supuxo un gran avance en coordinación, coa asistencia presencial ás reunións de Acción Social e a posta en común nela de determinados casos derivados ou outros que se reciben, o que comporta unha mellora no tratamento do tema particular de cada persoa.
Así mesmo, colabórase tamén de forma directa ou indirecta co Centro de Saúde de Teis, Secretariado Xeral Xitano, Asociación Española Contra o Cancro, Irmás Trinitarias e Asociación Down Vigo entre outros.
O número de casos atendidos durante o ano 2009 ascendeu a 72, (48 novos e 24 activos de anos anteriores), sendo a maioría das derivacións dos programas de Acollida e do de Inmigrantes, presentando en boa parte cadros ansioso-depresivos, desesperanza, fatalismo con respecto á situación persoal que viven e con respecto á situación social xeral de crise, desemprego, dificultade para encontrar traballo, etc.
|
 |