|
|
 |
Dende o traballo realizado coas familias, derivados dos distintos Programas de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo obsérvase a dificultade de nais e pais para entender o comportamento dos seus fillos, para falar con eles sen exaltarse, para controlar certas emocións e aplicar límites na conduta dos nenos, o que condicionan os seus procesos de comunicación e convivencia na familia, co engadido de que son familias en risco de exclusión social, con problemas económicos, con pouco apoio social, con dificultades para a inserción laboral e con escasos recursos persoais que lles impide resolver adecuadamente os problemas educativos dos seus fillos.
No que se refire ao aspecto económico, e desde o punto de vista educativo, observamos no labor diario coas familias que estas carecen de criterios de aforro e que a distribución dos escasos recursos económicos dos que dispoñen non se realiza de forma correcta; agravando a precariedad na economía familiar, o que conlleva unhas dinámicas de gasto pouco adecuadas, gastando excesivamente do pouco que dispoñen en produtos innecesarios, sobre todo na alimentación, coa compra de moitos produtos innecesarios, que en moitas ocasións non favorece unha correcta nutrición familiar, entrando así nunha espiral de endeudamiento.
A atención ás familias lévase a cabo dunha forma personalizada (dependendo das características e necesidades de cada unha delas) a través de Entrevistas, Visitas domiciliarias e Acompañamientos
Dende Cáritas Diocesana de Tui-Vigo atendeuse a 32 familias no ano 2010.
Tamén se realizan actividades grupales “Escola de Nais e Pais” concibíndoa como un espazo de información sobre diversos aspectos da función educativa da familia coñecendo os distintos aspectos evolutivos dos fillos, os hábitos de higiene e saúde apropiados, a importancia da comunicación entre a escola e os pais
|
 |