Saúde

Dende este programa préstase atención integral a persoas afectadas por VIH, drogodependencias ou problemas de saúde mental para dar resposta a necesidades nos seus diferentes facetas físicas, psicolóxicas e sociais.
No ano 2010 realizáronse 138 entrevistas en despacho a 42 persoas para: Orientación e información sobre recursos comunitarios; tramitación de axudas económicas; axuda en xestións (DNI, tarxeta sanitaria, prestaciones); procura de vivenda.

Abríronse 23 expedientes no ano, recibindo 25 persoas axuda económica por variados conceptos e participando 35 persoas no servizo de axuda a domicilio.

Por diferentes motivos realizáronse 746 visitas domiciliarias e 51 hospitalarias:
O Grupo de AUTOAPOYO do Programa serve para ofrecer aos afectados de VIH a posibilidade de manifestarse e retroalimentarse con experiencias entre os seus iguais, acudindo 17 persoas durante o ano, celebrando 30 reunións e saídas, así como un taller de manipulación de coiro ao que asisten todos.