|
|
 |
Dende a súa creación a finais do ano 2000, a súa finalidade é a atención a nenos entre 0-18 anos. A súa meta fundamental é facilitar a integración sociofamiliar dos menores atendidos e que sexa un recurso alternativo ó internamento, que permita a permanencia dos menores no seu entorno familiar, evitando o seu desarraigo, permitindo e favorecendo a súa integración social.
O centro conta con 3 clases, un baño con duchas, unha sala de informática, unha sala para o descanso dos máis pequenos e unha sala de vídeo.
Ten 16 prazas concertadas coa Xunta de Galicía, atendendose durante o 2010 a 26 nenos.
O horario é de 8.00 a 20.00 horas, e os nenos, durante o período lectivo, chegan ó centro despois do horario escolar, comen e realizan actividades tanto dentro como fóra do mesmo.
Dende o Centro trabállase cos menores tanto nos aspectos educativos como nos sanitarios, sociais etc. co fin de favorecer o seu desenvolvemento integral
|
 |