Escola Infantil

A escola infantil de Cáritas creouse no ano 1982, e dende entón o obxectivo fundamental é contribuir ó desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos. Conta con 4 aulas para nenos de entre 0 e 3 anos.

O centro tamén dispón de sala de siesta, cociña, comedor, baños adaptados ós nenos, zona axardinada exterior equipada con toboganes, areeiro e casiña, galería interior, despacho e sala para o profesorado.

O número de prazas é de 54, e no ano 2010 atendeuse a 84 nenos dando prioridade ás familias con menos recursos económicos. A cuota fíxase de acordo á subvención correspondente, tendo en conta a situación sociofamiliar, laboral e económica da familia.

O horario da escola é de 8.00 a 18.00 hs. e o currícullum de infantil centra o traballo en 3 áreas: Coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal; Coñecemento do entorno e Área de linguaxe e representación.

Para iso se traballa con actividades na aula, actividades no exterior, saídas varias fóra do centro recibindo tamén visitas para o entreteñemento dos nenos, dentro dun programa de traballo coordinado e participativo entre todos os membros que formamos a escola.