Emerxencias

I N U N D A C I Ó N S   E N   P A K I S T Á N 

Caritas Pakistán puxo decontado o seu mecanismo de xestión de desastres / axuda inmediata de emerxencia para acudir en socorro das victimas das graves inundacións no Sur do Punjab, Pakistán; fornecida auga, alimentos, utensilios de cociña, kits de hixiene e de saúde.

Os torrentes de auga e as inundacións, as peores que se lembran en Pakistán desde fai 80 anos, empezaron o desde o pasado 21 de xullo de 2010 causando destrución, desprazamento da poboación, danos nas infraestruturas e medios de subsistencia, e a posibilidade dun problema humanitario aínda maior se a comida, a auga, a saúde e solucións de vivenda non se ofrecen ás poboacións afectadas inmediatamente.

Nos primeiros momentos, xa fálase de 1.500 mortos e máis de 3 Millóns de afectados, pero estas cifras poden aumentar a medida que pasan as horas. Casas e gañado foron arrastrados polas correntes e a xente está tratando desesperadamente de protexer o que queda das súas posesións. As inundacións tamén arrasaron centos de miles de hectáreas de cultivos, incluíndo algodón, arroz e cana de azucre. Os hospitais e os centros de saúde tamén foron danados, o que complica as cousas para atender a doentes e feridos.
1º Informe de situación [402 KB]

2º Informe de situación [735 KB]

3º Informe de situación [72 KB]

4º Informe de situación [45 KB]


CAMPAÑA DE EMERXENCIAS

Recepción de donativos na conta de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo
Caixanova: 2080/0000/75/0040250250


T E R R E M O T O   E N   H A I T I 



Cáritas Española, en estreita coordinación coa rede internacional das cáritas, mobilizouse para apoiar as Cáritas Haitianas nos labores de auxilio aos miles de damnificados a causa do forte terremoto que o pasado 12 de xaneiro sacudiu Haití. Segundo as primeiras informacións recibidas, un dos epicentros do sismo, que acadou unha forza de 7 graos na escala Richter, localizouse a 15 km. ao sudoeste de Porto Príncipe, a capital de Haití, e outro a 143 km. ao noroeste da cidade de Barahona, ao sudoeste da República Dominicana. Pouco despois do terremoto, producíronse 2 réplicas, de 5,4 e 5,9 graos, respectivamente, que sacudiron de novo a capital haitiana.El impacto foi devastador e cientos de edificios en Porto Príncipe derrubáronse, entre eles un hospital. Así mesmo, a sede de Nacións Unidas, o Palacio Presidencial e a catedral de Porto Príncipe sufriron graves danos.

2º Informe de situación [387 KB]
3º Informe de situación [536 KB]
4º Informe de situación [479 KB]
5º Informe de situación [378 KB]
6º Informe de situación [447 KB]


Durmindo na rúa

T E R R E M O T O   E N   P E R Ú 

Primeiro informe terremoto Perú do 20 agosto [321 KB]
Segundo informe terremoto Perú do 24 agosto [193 KB]
Terceiro informe terremoto Perú do 4 setembro [361 KB]
Cuarto informe terremoto Perú do 15 novembro [170 KB]
Balance Enero-Marzo 2008 Perú [613 KB]
Primeiro aniversario [196 KB]


Perú necesítache [44 KB]
Mais información en www.caritas.es


4   A N O S   D E S P O I S   D O   M A R E M O T O   N O   S U E S T E   A S I Á T I C O 

Informe catro anos despois do maremoto no Sudeste Asiático